
O texto busca debuxar unha radiografía das desigualdades de sexo no uso das TIC e da presenza feminina nos cadros directivos e no sector tecnolóxico de Galicia, trazando tamén a liña da fenda dixital sobre o uso da Internet e as TIC, que no caso galego e aínda máis pronunciada en Galicia que no conxunto do Estado, quedando en 6,8 puntos. De todos os xeitos a situación parece estar a mellorar, e en 2013 a porcentaxe de mulleres usuarios da Internet superou o 60% por primeira vez.
No sector tecnolóxico galego detállase que dos máis de 15.000 traballadores só o 38% son mulleres, das que só o 17,3% dedícase a funcións TIC fronte ao 52,9% dos homes. A porcentaxe de mulleres en postos directivos nas empresas do sector queda no contorno dun 20%.
Pero estes datos negativos non está só nas empresas, senón que tamén vense nas carreiras universitarias tecnolóxicas galegas, nas que as mulleres só representan o 22,5% dos titulados nestes estudios a situación incluso é peor no I+D+i nas empresa TIC, nas que só ocupan o 18,4% dospostos.
Galicia rexistra unha importante fenda de sexo no sector tecnolóxico
Compartir Este Artigo
