
A exposición exhibe unhas 70 pezas, documentos dos fondos da Comisaría de Zona do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional e da Comisión Provincial do Patrimonio Histórico Artístico que se custodian no Arquivo de Galicia. Documentos que se complementan cos procedentes doutros arquivos como: Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Municipal da Coruña, Real Academia Galega, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Arquivo Central da Secretaría de Estado de Cultura, Arquivo Xeral da Administración, Real Academia de Belas Artes de San Fernando e Congreso dos Deputados.
Patrimoniogalego.net acubilla xa case 4.000 fichas. Isto acontece dous anos despois de botar a andar este proxecto pensado para preservar o noso patrimonio cultural. “Consolídase deste xeito”, informan os seus impulsores, “un espazo virtual cada vez máis necesario para un mellor coñecemento colectivo do inmenso patrimonio cultural de Galicia e un referente a nivel estatal e europeo, cousa que é posible grazas ao esforzo desinteresado dun cada vez máis nutrido grupo de colaboradores que se involucran activamente a través da participación directa”.
Patrimoniogalego.net, na mostra da Cidade da Cultura sobre a nosa riqueza artística e etnográfica
Compartir Este Artigo
