A empresa galega Ednon, da que falamos recentemente en Código Cero para dar conta do seu Concurso de Xeración de Ideas e máis dos seus traballos de divulgación sobre centros de datos, vai organizar no Centro Demostrador de TIC de Galicia (emprazado no CNTG de Santiago) un Seminario Técnico sobre Virtualización de Rede. A cita será o 26 de xuño e está dirixida, sobre todo, a responsables de redes e comunicacións de empresas e administracións públicas. Segundo nos conta Ednon, os asistentes terán a oportunidade de coñecer polo miúdo os detalles e implicacións da tecnoloxía VEA (Virtual Network Enterprise Architecture) da multinacional de telecomunicacións Avaya, que achega potencial específico para deseñarmos a nosa propia infraestrutura de nube a través dun proceso simplificado e reducido e cunhas opcións de despregamento e xestión igualmente simplificadas e reducidas.
“Esta tecnoloxía baseada en estándares”, informa Ednon, “permitiralle converter a súa rede de campus ou/e do Data Center nun verdadeiro Ethernet Fabric, posibilitando así unha virtualización total da súa rede, independizando os servizos da infraestrutura física”.
A axenda do evento é a seguinte:
10.45 – Rexistro asistentes.
11.00 – Benvida.
11.15 – Presentación Melloras que introduce a virtualización de rede nas organizacións.
Jordi Oliveras. Responsable de Enxeñaría da área de Rede de Avaya
12.15 – Demostración técnica.
Jordi Oliveras. Responsable de Enxeñaría da área de Rede de Avaya
13.15 – Rogos e preguntas.
13.30 – Clausura.
13.45 – Cóctel
Pódese realizar a inscrición a través dun apartado específico da web do Centro Demostrador TIC.
Ednon celebra no Centro Demostrador TIC un seminario sobre virtualización de rede
Compartir Este Artigo
