Os seareiros de Citroën e do seu modelo C4 Picasso están de celebración, pois a marca francesa vén de anunciar o comezo dunha andaina que ten como eixo central ao C4 Picasso e ás novas tecnoloxías da información, máis polo miúdo as coñecidas como sociais. Indo ao miolo desta aventura, baixo o título O mundo enteiro no teu coche chega o lanzamento do Social Détour, unha viaxe que se poderá seguir a través de diferentes servizos 2.0 e que moverá a este Citroën dende Francia ata Gran Bretaña, pasando por España, Bélxica e Alemaña. Alén disto, os que o desexen poderán establecer contacto e interactuar en tempo real cos integrantes da equipa dixital Citroën, a bordo do vehículo, e mesmo proporlles novas etapas para que pasen preto da súa casa.
O monovolume asume este reto dixital que durará 5 semanas atravesando parte de Europa e no que haberá tempo para entrevistar á xente pola rúa, levar a cabo probas en primicia do novo C4 Picasso, establecer encontros con seareiros e coleccionistas da marca, conversar con blogueiros, sesións de fotos ou vídeos… Do mesmo xeito, a equipa dixital Citroën poderá crear e intercambiar contidos con internautas de todo o mundo, fans e seguidores das redes sociais, amais de pendurar vídeos en YouTube e Facebook, fotos en Instagram e Flickr ou deixar as súas mensaxes en Twitter.
Citroën comparte unha viaxe europea na Rede
Compartir Este Artigo
