O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) acolle este venres unha xornada de presentación-celebración de tecnoloxías avanzadas de dúas grandes multinacionais do hardware: Intel e HP. As dúas compañías, máis polo miúdo, estarán presentes no centro galego a partir das 12.00 horas, amosando a evolución dos recursos de computación instalados no CESGA ao longo da última década (por exemplo o Superdome de HP que chegou en 2005 ou o FinisTerrae que botou a andar en 2008, situando ao CESGA no posto 100 na listaxe de supercomputadores máis potentes do mundo). A xornada insírese no programa de celebracións do vixésimo aniversario do centro galego de I+D.
Contarase coa presenza de Antonio Figueras Huerta, vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Norberto Mateos.
director xeral de Intel Iberia, José María de la Torre, vicepresidente HP Enterprise Group Iberia, Javier García Tobío, director xerente do CESGA, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.
Intel e HP organizan unha xornada este venres no CESGA
Compartir Este Artigo
