O Centro de Excelencia de Vigo celebra este martes, a partir das 9:30 horas nas instalacións centrais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, a xornada Xestión do coñecemento e do talento na empresa innovadora, un encontro de divulgación, formación e debate dirixido a profesionais, empresas, agrupacións empresariais ou institucións galegas que desexen potenciar a súa cultura de I+D+i desenvolvendo sistemas de actividade eficaces. Nun eido máis concreto, o programa de actividades da xuntanza inclúe, entre outras cousas, unha análise do potencial das redes sociais como apoio á produtividade e á competitividade.
Incluída no Programa de Actividades en Aberto do Centro de Excelencia, o principal obxectivo desta sesión é profundar sobre os aspectos que engloba a xestión do coñecemento e analizar as claves do éxito da súa implantación sistemática nas organizacións. E todo isto, a través da experiencia de diferentes entidades como o Centro Tecnolóxico AIMEN, a Asociación para o Progreso da Dirección, Socialwire Labs, Grupo Antolín PGA ou Adoc Management Documental.
Segundo engade o Centro de Excelencia, os participantes poderán coñecer diferentes sistemas de utilidade para pór en marcha iniciativas de I+D+i que potencien a súa capacidade de innovación, melloren a eficiencia e a produtividade dos empregados e incrementen a adaptación dos produtos e servizos aos requirimentos dos clientes.
Programa
09:00h. Rexistro de asistentes
09:30h. Apertura da xornada
Dª. Rosa Eguizábal. Directora de Xestión de Solo. Consorcio Zona Franca de Vigo.
09:40h. Situación en España da xestión do talento
D. Santiago Sesto. Director Zona Noroeste. Asociación para o Progreso da Dirección (APD)
10:10h. Panorama da xestión do coñecemento nas PEME galegas
Dna. Julia Espiñeira. Responsable da área de Organización Industrial. AIMEN
10:40h. Rogos e preguntas
10:50h. Pausa e café
11:20h. Experiencias empresariais na xestión do coñecemento
A aplicación da xestión do coñecemento en PGA
Dna. María Begoña Estévez. Responsable de Calidade. Grupo Antonlín PGA
A información é poder, pona ao servizo da túa empresa
D. Rubén Hermida. Presidente de AJEGALICIA e CEO & Owner en ADOC Management Documental
Redes sociais corporativas como apoio á comunicación e xestión do coñecemento dentro da empresa
D. Carlos López. Director de Investigación e Innovación. SocialWire Labs
13:20h. Rogos e preguntas
13:30h. Peche da xornada
