
Deste xeito Nokia Siemens Networks pasará a ser unha filial de Nokia e deixará de utilizar a palabra Siemens no seu nome de xeito paulatino. Esta operación realizaríase para reforzar o valor do grupo Nokia, pois a división que están a absorber é actualmente líder en tecnoloxía LTE, polo que ten un grande potencial para os vindeiros anos, o que esperan que resulte moi beneficioso financeiramente.
Dende Siemens, en cambio, entenden o abandono do sector móbil como unha aposta polas súas liñas de negocio máis fortes, que actualmente son a xestión de enerxía, a industria, as infraestruturas e a saúde.
Nokia farase coa totalidade de Nokia Siemens Networks
Compartir Este Artigo
