Para os usuarios que continúan a facer uso dos Hangouts de Google no escritorio a través de Gmail, Google+ ou a extensión para o navegador Chrome chega unha boa nova, que é a recuperación da posibilidade de realizar chamadas telefónicas dende este servizo, ante a demanda do público que botaba en falta tal prestación. A posibilidade de facer chamadas a través de Google permite establecer comunicacións de balde con EE.UU. e Canadá e con atractivas tarifas ao resto do mundo.
A ferramenta de Hangouts para escritorio tamén recibiu novas funcionalidades, como a posibilidade de engadir varios números de teléfono e participantes en vídeo á mesma chamada e incluso engadir efectos de risas e aplausos grazas á aplicación Google Effects.
Google recupera a posibilidade de facer chamadas telefónicas a través dos seus Hangouts de escritorio
Compartir Este Artigo
