A Fundación Alia2, unha entidade sen arela de lucro dedicada a fomentar o diálogo para dar forma a unha Internet máis segura, vén de xuntar forzas coa empresa de protección informática Kaspersky Lab, para traballar conxuntamente en concienciar á sociedade sobre a necesidade de salvagardar aos nenos na Rede. O acordo inclúe diversas actividades de sensibilización que se porán en marcha ao longo do vindeiro curso escolar 2013-2014. Como primeiro paso desta colaboración, e co fin de axudar á divulgación no bo uso das novas tecnoloxías e a protección dos menores en Internet, Kaspersky Lab, a través de www.alia2.org, ofrece unha versión gratuíta de proba de 30 días de varias das súas solucións e que pasado este período poderanse adquirir na propia web da fundación.
A empresa de seguridade informática doará a Fundación Alia2 parte das vendas destas solucións que se realicen a través do apartado específico da súa páxina.
Asemade, a Fundación impartirá formación sobre o uso das solucións de Kaspersky Lab incluídas en alia2.org, centrándose sobre todo na configuración do Control Parental, unha funcionalidade que permite axudar aos pais a protexer aos seus fillos e a súa información contra as ameazas de Internet. En concreto, as solucións que se inclúen neste acordo son: Kaspersky Pure, Kaspersky Mobile Security para Android e Kaspersky para Mac.
O obxectivo da Fundación Alia2 é salvagardar os dereitos dos nenos en Internet, “mellorando a súa seguridade na Rede a través da creación de ferramentas tecnolóxicas e de actividades formativas e educativas de concienciación”.
A Fundación Alia2 e Kaspersky Lab xuntan forzas para protexer aos nenos na Rede
Compartir Este Artigo
