Ayco foi seleccionada por Intel para acudir como partner tecnolóxico aos eventos In Touch with the Future que organiza en París (1 de outubro), Madrid (3 de outubro), Múnic (8 de outubro) e Milán (10 de outubro). Durante estes, estará nas áreas de demostración mostrando as novidades da ferramenta de bolígrafo dixital BlackPen para Windows 8 sobre Intel Ultrabook.
Trátase dunha oportunidade única para dar a coñecer a nivel internacional a tecnoloxía desta empresa galega e compartir experiencias con partners de todo o mundo. Durante os eventos poderase escoitar os líderes da industria en mobilidade, redes sociais, colaboración, automatización de forza de vendas, etc., ademais de poder experimentar e probar as últimas tecnoloxías e solucións na área de showcase.

Os usuarios benefícianse da forma natural, simple e intuitiva de usar bolígrafo e papel. É dicir, calquera texto que se poña no papel ou imaxes que achegue, transfórmanse en datos dixitais e, o máis importante, non hai necesidade de cambiar os procesos básicos de recollida de información ou as rutinas de traballo.
A galega Ayco amosará a súa solución de bolígrafo dixital en París, Madrid, Múnic e Milán
Compartir Este Artigo
