Tras o malestar causado ante a posibilidade de que Google bloquease os contidos locais no seu Chromecast dende a compañía de Cupertino saíron á palestra na publicación The Verge á que comentaron estar encantados de “levar máis contidos a Chromecast e soportar todo tipo de aplicacións, incluíndo as de contido local” engadindo que os problemas actuais débense a que o kit de desenvolvemento de software para Chromecast está aínda nunha fase previa e só para probas, polo que están a realizar cambios no mesmo.
Ao estarmos ante unha comunicación oficial podemos entender entón que o potencial de Chromecast confírmase como moi grande, quedando limitado ao uso que queiran dar os desenvolvedores a esta tecnoloxía e non a criterios de Google.
Cómpre destacar que a aplicación que deixou de funcionar estes días, AllCast, non se desenvolveu a través do Google Cast SDK, senón mediante un proceso de enxeñaría inversa do mesmo, por non pertencer o programador ao selecto grupo que pode acceder ao SDK de xeito preferente, polo que terá que agardar a que o SDK estea rematado para poder empregalo e facer así que a ferramenta que permite reproducir os contidos no móbil a través de ChromeCast poida funcionar axeitadamente.
Google non restrinxirá os contidos locais en Chromecast
Compartir Este Artigo
