O Consello de Administración de Red.es nomeou a César Miralles novo director xeral da entidade pública pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo en substitución de Borja Adsuara, quen dirixira a entidade dende xaneiro de 2012.
O novo director xeral viña ocupando o cargo de director financeiro de Red.es, e durante tal etapa o seu principal cometido foi o rigor na xestión orzamentaria e financeira, o control do gasto e a avaliación dos proxectos. Así mesmo, participou na definición dos obxectivos e plans da Axenda Dixital para España e no novo Marco Financeiro Plurianual de fondos comunitarios para o período 2014-2020.
Licenciado en Economía pola Universidade de Alcalá de Henares e doutor en Económicas pola Universidade de Frankfurt, César Miralles foi con anterioridade director xeral do tesouro e política financeira do Goberno de Canarias e director para o Sector Público en Intermoney, entre outros postos de relevancia.
Tras o seu nomeamento, César Miralles insistiu en que a prioridade de Red.es é “a posta en marcha e execución da Axenda Dixital para España e os seus nove plans específicos”. Neste sentido, subliñou que a Axenda Dixital “dotada con 2.000 millóns de euros, supoñerá o impulso definitivo á industria dixital do cal se beneficiará toda a sociedade”.
O novo director xeral de Red.es en vídeo
César Miralles asume a dirección xeral de Red.es
Compartir Este Artigo
