
De feito, sinalan, unha responsabilidade como a de dirixir o novo departamento requirirá dun grao alto de especialización, polo que sería aconsellable, din, que un cargo de tal complexidade fose asumido por un profesional enxeñeiro ou enxeñeiro técnico en Informática, “con amplos coñecementos e experiencia”. Por esta razón, os consellos xerais xa se puxeron a disposición da nova Dirección e do Ministerio de Presidencia para “axudar en todo o que competa á área de coñecemento dos profesionais da informática”.
Por certo que entre as competencias que terá o novo departamento figuran a de elaborar, coordinar e dirixir as estratexias TIC a Administración pública estatal, supervisar e elaborar propostas de adquisición de bens informáticos, consolidar as infraestruturas TIC, planificar as redes informáticas, elaborar o catálogo de servizos tecnolóxico-dixitais, optimizar os sistemas web, etc.
“É importante”, lembran os consellos xerais, “lembrar á opinión pública o alto nivel estratéxico para o desenvolvemento e medre dun país que achega o correcto despregue das estratexias baseadas nos sistemas informáticos; neste senso pedimos que se teñan en conta as actuacións que outros países como EE UU, Reino Unido, Francia, Alemaña ou Italia, por citar algúns, están a acometer nas súas estratexias nacionais arredor da dita disciplina”.
Como recordaremos, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) está presidido polo galego Marcos Mata (presidente tamén do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG). Pola súa parte o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática (CCII) está presidido por Jacinto Canales.
Os consellos xerais de Enxeñarías en Informática felicitan a vindeira creación dunha Dirección de TIC
Compartir Este Artigo
