Para destacar os mellores cadernos de Internet en España celébranse anualmente os Premios Bitácoras, que este ano chegan á súa novena edición e que desenvolverán a súa primeira fase ata o vindeiro 15 de novembro, tempo no que os usuarios poderán nomear os seus blogs favoritos (5 por categoría) dándose a coñecer os 3 finalistas de cada categoría a semana do 12 de novembro, para facerse público o nome dos gañadores o 29 novembro, dentro dunha gala que terá lugar en interQué 2013, terceira edición dun evento que terá lugar en La Casa Encendida de Madrid.
Os premios deste ano contan cun total de 20 categorías: Mellor Blog do Público, Premio Especial do Xurado, Mellor Twitter, Mellor Blog Persoal, Mellor Blog de Saúde, Mellor Blog de Cine e TV, Mellor Blog de Tecnoloxía e Innovación, Mellor Blog de Marketing e Social Media, Mellor Blog de Educación, Mellor Blog de Seguridade Informática, Mellor Blog Gastronómico, Mellor Blog de Viaxes, Mellor Blog de Beleza e Moda, Mellor Blog de Humor e Lecer, Mellor Blog de Ciencia, Mellor Blog de Periodismo e Política, Mellor Blog de Motor, Mellor Blog de Fotografía, Mellor Videoblog, Mellor Podcast e Mellor Blog de Acción Social.
Esta nova edición dos Premios Bitácoras presentouse a semana pasada nun evento presentado por Raúl Ordóñez, director de comunicación de InterQué e Bitácoras.com afincado en Lugo, e contou con numerosa presenza de xornalistas, blogueiros, tuiteiros e profesionais do mundo da comunicación, como podemos ver na retransmisión a través de streaming de tal encontro:
Botan a andar os IX Premios Bitácoras
Compartir Este Artigo

