Unha das aplicacións máis destacadas de 2012 para iPad foi Paper, que permite converter o tablet nunha libreta na que facer debuxos e realizar anotacións, podendo descargase a aplicación de balde e adquirir funcionalidades na mesma mediante micropagamentos, pero coa actualización á versión 1.4.0 esta ferramenta revoluciónase ao engadir a posibilidade de converter as creacións virtuais un produto físico grazas á colaboración de FiftyThree e Moleskine. Deste xeito, dende a propia aplicación será posible deseñar un libro de 15 follas con bosquexos en papel coa aparencia externa dunha libreta Moleskine altamente personalizable (pode entregarse cunhas cubertas negras ou a toda cor deseñadas polo usuario). As follas colocaranse dentro da tapa dura nunha disposición desencartable, e este curioso produto feito a man véndese a un prezo de 40 dólares.
Poder trasladar os contidos de Paper a papel é un curioso xeito de poder conservar recordos, de rexistrar algún proxecto e incluso para facer un regalo orixinal.
Vídeo de presentación da nova funcionalidade de Paper para iPad

