En outubro de 2011 un personaxe virtual chegou á vida de millóns de persoas de todo o mundo, o asistente Siri, que estreouse con iPhone 4S, e que presentaba unha boa agora moi recoñecible da que a CNN vén de desvelar a súa orixe: Siri está interpretada pola actriz de dobraxe e cantante Susan C. Bennett, quen xa puxera voz a numerosas marcas como Ford, Coca-Cola, McDonalds, VISA… e que recoñeceu gravar a voz de Siri en xuño de 2005, mes no que pasou catro horas diarias lendo frases sen sentido nunha cabina.
Este traballo desenvolveuno para un encargo de ScanSoft (compañía que logo mudaría de nome a Nuance Communications) a GM Voices, descoñecéndose en todo momento para que se empregarían as gravacións, aínda que Bennett pensou que se empregarían por algún sistema de atención telefónica, e non foi ata o outono de 2011 cando soubo que ela interpretaba a Siri tras recibir a chamada dun compañeiro que recoñecera a súa voz.
Aínda que dende GM Voices non dubidan ao asegurar que Bennett é a voz de Siri, como dende Nuance e Apple non confirmaron tal información, a CNN molestouse en consultalo con Ed Primeau, experto que ten actuado como perito identificando voces en centos de xuízos, e para o que ambas voces coinciden nun 100%.
Pero, ¿como deu a CNN con Bennett? Segundo explica Jessica Ravitz, cando estaba a entrevistar á dobradora sobre o seu traballo para pór voces para o Aeroporto Internacional Hartsfiled-Jackson de Atlanta comentaron o tipo de dobraxes que facía, incluíndo pór voces a máquinas, chegando a recoñecer a reporteira que se atopaba ante a voz de Siri, e tras varios meses Bennett aceptou recoñecelo publicamente ante as cámaras da CNN.
Cómpre destacar que con iOS 7 mudou a voz de Siri, dando a impresión de que precisamente por iso Bennett pode recoñecer que é a persoa que estaba detrás da voz dos móbiles de Apple.
Vídeo con entrevista da CNN a Susan C. Bennett
A CNN desvela quen puña voz a Siri
Compartir Este Artigo

