
O informe británico confirmaría outros estudos anteriores que amosaban que o intercambio de arquivos a través da Internet pode ter efectos positivos na industria do lecer, que é xusto o contrario do que apuntan dende as industriais culturais, que habitualmente reivindican medidas lexislativas para a súa protección.
O caso máis claro dos analizados sería o da industria musical que, que pese á caída na venda de discos ve medrar os seus beneficios grazas ás compras dixitais, aos servizos de subscrición, ao streaming e ás actuacións en directo, que conseguen compensar a crise das discográficas.
Tamén rexeitan os argumentos da industria cinematográfica (concretamente da MPAA) que asegura que as descargas irregulares estarían a devastar o seu negocio, o que desmentirían claramente os seus resultados económicos, pois as recadacións dos cines medraron un 6% entre 2011 e 2012, conseguindo recadacións record.
Outro detalle que destaca o informe é que os usuarios que máis música descargan da Rede é tamén a que máis cartos gasta en música, polo que non podería concluírse que as descargas supoñen un prexuízo directo. E en defensa de compartir contidos a través da Internet destácase o caso de YouTube, que está a converterse na principal plataforma de promoción musical, o que é un grande exemplo de adaptación do sector, pois non hai moitos anos perseguían o uso de música nos vídeos (cando agora aproveitan tal práctica para promover as súas vendas).
Un informe británico defende que as descargas non prexudican ás industrias culturais
Compartir Este Artigo

