O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), entidade con páxina web de seu dende hai tempo, decidiu reforzar a súa presenza na Rede para acadar unha maior proxección e incrementar a súa utilidade, o que decidiron facer apostando polas redes sociais e un blog, canles que facilitarán a comunicación deste organismo participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello de Vigo.
Deste xeito, o CCVV conta xa cunha páxina oficial en Facebook, ten unha conta oficial activa en Twitter e publica un caderno na Internet, ferramentas que buscan pór en valor a zona antiga da cidade de Vigo, para o que empregan de xeito preferente a lingua galega, acompañando as comunicacións tamén do uso do español para conectar con internautas de fóra da nosa comunidade, agás no caso do blog, que escribirase integramente en galego.
O Consorcio quere así aproveitar os soportes sociais na Rede para estar máis preto dos internautas e que estes coñezan o traballo de recuperación integral do barrio histórico que leva emprendéndose dende 2005.
O Consorcio Casco Vello de Vigo dá o salto ás redes sociais
Compartir Este Artigo
