AMTEGA vén de facer reconto das familias e empresas que requiriron xa as axudas para contratar o ser vizo de conexión a Internet vía satélite dende as zonas da nosa terra nas que, polas súas características orográficas, é inviable outro tipo de tecnoloxía para acadar banda larga. Pois ben, ao longo de dous meses xa solicitaron estas axudas un total de 858 fogares e empresas. Lembrar que esta actuación corresponde a última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada, como dixemos, ás zonas máis illadas e dispersas. Estas axudas, das que xa se beneficiaron 700 familias e PEME en 2012, terán unha terceira convocatoria en 2014.
O orzamento total deste programa supera o millón de euros e púxose marcha grazas a un acordo asinado a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Medio Rural e do Mar, que a través de AGADER, achega o importe total das axudas euros no período 2012-2014.
Segundo informa AMTEGA, os beneficiarios destas subvencións son familias e empresas con enderezo en Galicia que non poidan dispor de acceso de banda larga, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía. “Aos solicitantes”, engade a Axencia, “sufráganselles os gastos de instalación e o custo do equipamento do interior da vivenda ou empresa preciso para distribuír o sinal de banda larga, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses”. Ademais, a alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes é gratuíto para os beneficiarios. Por certo que a práctica totalidade dos dos beneficiarios solicitaron servizos de Internet de 20 Mbps.
O interior da nosa terra tivo, como era de agardar, unha maior incidencia nestes recursos postos a disposición de familias e empresas, aínda que tamén se rexistrou un importante número de demandas dende as provincias occidentais. Así, das 858 solicitudes realizadas, a maioría (286) corresponden a concellos de Lugo, 276 foron realizadas desde municipios da provincia de Coruña, 152 desde Ourense e outras 144 desde Pontevedra. As zonas con maior demanda concéntrase nas comarcas de Lugo, a Terra Chá na provincia de Lugo, nas de Ferrol e A Coruña na provincia da Coruña, na provincia de Ourense, no concello da capital e en Pontevedra, nas comarcas do Deza e Vigo.
Case 860 fogares e empresas da nosa terra requiriron as axudas para acceder a Internet vía satélite
Compartir Este Artigo
