O sistema operativo móbil de Microsoft, Windows Phone 8, está a preparar unha importante renovación para primeiros de 2014, pero antes de que chegue a versión 8.1 deste sistema, chegará a terceira actualización do sistema (GDR3) que parece ter a intención de servir de alicerce para unha serie de novos produtos que veremos nos vindeiros meses, especialmente polo feito de que abre a porta a dispositivos con pantallas de 5 e 6 polgadas cunha resolución Full HD, gama de smartphones da que Microsoft afastárase conscientemente e que agora deciden aceptar ante a súa crecente demanda.
Deste xeito, Windows Phone 8 Update 3 (GDR3) soportará pantallas Full HD, o que permitirá a incorporación dunha columna adicional ao seu menú principal; incluirá soporte para procesadores de catro núcleos de Qualcomm; mellora o Modo de Condución limitando as notificacións na pantalla de bloqueo e facilita a configuración de respostas automáticas a chamadas e mensaxes para que non esteamos pendentes do teléfono ao volante; mellora a accesibilidade pensando nas persoas con deficiencias visuais; permitirá personalizar o ton de chamada para correos electrónicos, mensaxes instantáneos, mensaxes de voz e recordatorios e incluso para chamadas ou mensaxes de contactos en concreto; facilitará o bloqueo da rotación automática da pantalla ao xirala; mellorará a xestión de almacenamento; permitirá o peche de aplicacións dende a pantalla de multi-tarefa premendo nun X visible sobre cada aplicación; permitirá o uso de Wi-Fi na primeira configuración do móbil; e inclúe unha opción avanzada de Bluetooth que corrixe os problemas presentes con certos sistemas de mans libres.
Outro detalle a destacar é que, aínda que esta actualización está programada para antes de que remate o ano, os máis ansioso poderán acceder a ela a través dun programa de versión preliminar dirixido a desenvolvedores, de xeito que as persoas que fan aplicacións móbiles poderán comprobar o bo funcionamento das súas ferramentas coa nova versión do sistema operativo.
As novidades de Windows Phone 8 Update 3 vistas nun Nokia Lumia 920
Windows Phone 8 actualizarase para poder funcionar en tabletófonos
Compartir Este Artigo

