
Velasco, en entrevistas recentes accesibles na Rede, ten dado unha chea de probas sobre o seu convencemento acerca dos importantes potenciais das novas tecnoloxías da información con relación aos procesos dos tribunais, dos xulgados e dos procedementos policiais. Nun encontro recente con Masqueabogados, lembraba a importancia de modernizar a Xustiza e adaptala aos tempos que vivimos, cousa que por desgraza non está a coller o pulo requirido por mor dos recortes orzamentarios que afectan a tódolos ámbitos. No que atinxe aos delitos producidos en Internet, Velasco ten avogado por impulsar máis colaboración dende tódalas frontes, co fin de facilitar a obtención de toda a gran cantidade de información que se necesita para perseguir este tipo de delitos. Para o maxistrado, a colaboración internacional e propostas como unha ciberirmandade xudicial poden ser as fórmulas para acadalo, e máis se temos en conta os moitos atrancos que poñen certos países á hora de achegar claves e datos de interese para unha investigación.
Eloy Velasco é autor de obras como Delitos cometidos a través de Internet, cuestións procesais, un estudo que avalía os aspectos de procedemento concorrentes na investigación dos delitos que se cometen a través da Rede con ocasión do uso das novas tecnoloxías (avalíanse problemas de competencia, dilixencias policiais, medidas cautelares e restritivas en Internet, entre outras moitas cuestións).
Eloy Velasco é licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e diplomado na especialidade xurídico-económica. Ademais, é xuíz de carreira desde 1988, servindo en xulgados de distrito de Portugalete (Biscaia), de instrución nas valencianas localidades de Sagunto, Torrente e Valencia, nos xulgados de Praza de Castela en Madrid e na Audiencia Nacional, onde na actualidade exerce no Xulgado Central de Instrución n.º 6. Correspondente territorial por Madrid da Rede Española de Xuíces para a cooperación internacional (REJUE), está moi vinculado ao estudo práctico da delincuencia transnacional, singularmente dos delitos informáticos, a través ou contra Internet.
O maxistrado Eloy Velasco avaliará en Compostela os novos medios de proba electrónica nos procesos xudiciais
Compartir Este Artigo
