
O Nexus 5 será o smartphone que estreará o Android 4.4 KitKat, e presumiblemente podería ser un dos móbiles máis desexados durante os vindeiros meses, por ofrecer unha relación entre prestacións e prezo moi axustada (pois o seu irmán maior, o LG G2, ten un prezo habitual de entre 500 e 600 euros), aínda que sen chegar ao extremo do Nexus 4 (que partía dun prezo de 299 euros, aínda que coa metade de almacenamento interno). O novo smartphone luciría unha pantalla de 4,95 polgadas Full HD, funcionaría cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 a 2,3 GHz e conectividade LTE, é aínda que non se sabe cando se porá á venda, é moi posible que se anuncie o seu lanzamento o vindeiro día 24, cando está previsto un evento sobre Google Play, no que tanto podería dar a coñecer a versión 4.4 da súa aplicación móbil (que filtrouse tamén estes días).
O Nexus 5 de 16 Gb podería custar 349 dólares
Compartir Este Artigo

