O pasado martes 22 de outubro celebrábase a segunda convocatoria do programa de Fundación Telefónica Think Big no que se levou a cabo un curso acelerado de xestión de proxectos no Club Financeiro de Vigo, onde se abrangueron todo tipo de cuestións precisas á hora de converter nun proxecto de éxito a idea coa que os participantes se presentaron ao programa e na que levaban traballando durante os últimos catro meses. Este era o quinto obradoiro, dun total de 12, que a Fundación Telefónica impartirá por cidades de toda España durante os meses de outubro e novembro. Inserido dentro da formación que os mozos Think Big reciben durante seis meses como parte do seu adestramento de emprendedores sociais, e que comezaba no mes de xuño cunha xornada centrada en fomentar as súas habilidades sociais e creativas.
Emporiso, dezaoito proxectos galegos -9 da provincia de Pontevedra, 8 da Coruña e 1 de Ourense- foron seleccionados entre as mellores 300 ideas das 1.300 (de 40 nacionalidades) presentadas á segunda convocatoria deste programa. Entre os afortunados galegos cómpre salientar: BerceXprésate, unha iniciativa coa que a viguesa Nayara González Cardona pretende cambiar a percepción que a sociedade ten dos mozos que viven nos centros de menores ou sofren situacións de exclusión social; Campaña 30 segundos, ideada polo compostelán Jose Martínez Teira, e que propón achegar á cidadanía consellos para mellorar a súa calidade de vida a xeito de micropílulas formativas de 30 segundos; Ou Fashion U2, desenvolvida pola coruñesa Ana Fernández Ráfales, e que expón a creación dun espazo dixital de intercambio sobre moda para adolescentes.
Informar que o programa Think Big botaba a andar en España en 2012 da man de Fundación Telefónica co apoio de Movistar. O seu principal obxectivo é promover as habilidades sociais e persoais de mozos de entre 15 e 25 anos, achegándolles a oportunidade de facer realidade (nun prazo de seis meses), propostas encamiñadas a mellorar a súa comunidade, o seu barrio ou a súa contorna. Para iso, contan con apoio económico (unha axuda inicial de 400 euros) e a orientación dun mentor de Telefónica.
A Fundación Telefónica leva ata Vigo o programa Think Big para os gañadores galegos desta edición
Compartir Este Artigo
