
Por estes e outros motivos, a firma aconsella encriptar e protexer o dispositivo móbil a aqueles usuarios de que desexen ter unha privacidade total nas comunicacións e datos almacenados no seu teléfono. A espionaxe internacional a países europeos detectada os días pasados e liderada por Estados Unidos (realizada a países supostamente amigos dos EE UU) representa un caso máis, desta volta gobernamental, destas prácticas cada vez máis espalladas, segundo informa Segurimas.
Emilio Viaña, xerente da empresa, lémbranos que “o emprego por parte da presidenta Merkel de teléfonos intelixentes Blackberry amosa o medo que teñen as institucións alemás ás actividades de espionaxe lanzadas por orde do Goberno americano, e que empresas como Apple e Google dedícanse a executar nos seus teléfonos móbiles, como o iPhone ou todos os que utilizan Android como sistema operativo, que superan o 90% de todos os dispositivos que se venden cada ano”.
Asemade, explícase, os arquivos entregados por Snowden revelan que o Executivo dos EE UU está a espiar aos seus socios máis tradicionais como Francia e Alemaña, pero sobre todo a profesionais e empresas do vello continente, en total máis de 20 millóns de teléfonos en Europa, dos que en España podería representar un 10%, máis de 2 millóns de liñas.
Para Emilio Viaña, “practicamente nun 100%, aqueles terminais de Apple e Android que non estean protexidos serán realmente sinxelos de picar”. Segundo engade a empresa, cada ano realízanse miles de picadas telefónicas en España, entre 4.000 e 5.000 casos de escoitas telefónicas, a maioría de xeito legal para manter unha vixilancia estreita a posibles criminais, e para controlar operacións de branqueo de capital ou corrupción política. Pero moito outros casos, informa a empresa, son picadas ilegais que buscan en xornalistas, políticos, membros significadas de colectivos sociais, empresarios e actores ou cantantes, obter unha información valiosa cara a obter unha posición de vantaxe. Así, engádese que só as operacións Pokémon e Manga superaron os 200 números telefónicos picados nos últimos dous anos. Os números intervidos corresponderían a concelleiros, altos cargos do Concello de Santiago, e responsables de empresas que traballan coa administración local.
O problema, con todo, está nas actividades á marxe da lei. As empresas que lideran estas prácticas están a empregar novas estratexias, segundo nos confirma Segurimas, como por exemplo a de activar a distancia o micrófono do móbil sen que o seu propietario se decate. Isto é o que se coñece como escoita itinerante, e pode ser realizado aínda que o dispositivo estea apagado, convertendo o noso móbil nun micrófono de ambiente que captará todo o que ocorra na área de influencia.
España acubilla cada ano entre 4.000 e 5.000 casos de teléfonos intervidos
Compartir Este Artigo
