
Por certo que tódolos detalles ficarán ao descuberto, tamén, na vindeira edición do salón Culturgal, do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Recentemente en Compostela tivemos un adianto de Luzes, e na presentación Pereiro e Rivas describiron a súa iniciativa (revitalizadora dunha prensa galega que arrastra todo tipo de condenas, e entre as non menos importantes atópase a da falta case absoluta de espírito crítico e de independencia con respecto do poder en calquera das súas manifestacións) acompañados de Iago Martínez, que é quen coordina o proxecto. “A nosa”, dixeron “non é soamente unha revista. É un lugar. Un ecosistema propicio para o xornalismo. Para contar as cousas como é debido, con tempo, rigor e campo aberto por diante”. Estaremos ao tanto do que aconteza.
A revista galega Luzes, na rúa e en Internet o vindeiro 29 de novembro
Compartir Este Artigo
