
Logo do acto de apertura da presentación, será a quenda de Manuel Ángel Alonso, director de Galicia de Telefónica España. A continuación, Ana J. Varela, directora Xeral de Investimentos da Fundación Barrié, entidade colaboradora nesta iniciativa.
Para rematar, e co obxectivo de completar a información a disposición dos estudantes previamente inscritos, levaranse a cabo unhas probas escritas precisas para entrar no proceso de selección do Programa de Bolsas Talentum Startups, convocadas pola Fundación SEPI a través dun convenio de colaboración con Telefónica. As bolsas, segundo informa a Universidade da Coruña, desenvolveranse na Fundación Barrié e terán unha duración de entre 3 e 12 meses. Os beneficiarios deberán cumprir un horario de 5 a 8 horas diarias, polo que recibirán unha asignación mensual de entre 500 e 800 euros. Os bolseiros estarán orientados por titores que guiarán a súa formación práctica e avaliarán a súa actitude e aptitude. O proceso de selección será realizado por un xurado con representantes da Fundación SEPI e Telefónica. Tras a proba escrita do vindeiro venres, a seguinte proba será unha entrevista persoal.
Telefónica presenta o seu programa de bolsas TIC na Facultade de Informática da Coruña
Compartir Este Artigo
