A través da aplicación TweetDeck, Twitter está a estrear hoxe unha nova funcionalidade: a posibilidade de crear cronoloxías personalizadas. Para facer tal, só é preciso crear unha nova columna en TweetDeck que responda á categoría de Custom timeline, para logo pórlle nome e descrición, e a partir dese momento será posible arrastrar contidos doutras columnas da aplicación á nova columna (ou a través do menú de accións de cada chío), creándose así unha recompilación de contidos definidos polo usuario.
A creación destas cronoloxías personalizadas poder servir simplemente para crear almacéns de contidos para unha revisión posterior, pero unha das súas vantaxes é a posibilidade de compartilas, permitindo tanto a súa visualización en Twitter.com como a súa incrustación en páxinas web, converténdose así nun interesante xeito de publicar seleccións de chíos na web.
Dentro de TweetDeck tamén será posible consultar as cronoloxías personalizadas de cada usuario, facilitando que poidamos integralas como columnas da nosa aplicación se as consideramos de interese para nós.
Twitter estrea cronoloxías personalizadas
Compartir Este Artigo

