
Dicir que estas reunións permiten axilizar e consolidar o traballo de discusión terminolóxica que día a día realizan por medio da súa listaxe de correo sobre da nova terminoloxía que xorde no software libre para así fixala. Este asentamento terminolóxico é unha das grandes contribucións que o Proxecto Trasno achega á normalización da nosa lingua nas TIC pois supón un gran avance de cara á homoxeneización das traducións ao galego nos diferentes proxectos de localización de software libre e da súa calidade. Todos os voluntarios do Proxecto Trasno comprométense a seguir estes acordos en todas as traducións que realizan. Dende a organización animan a asistir ao evento ou a participar no mesmo a través das redes sociais e contribuír así a esta importante tarefa.
Para todos aqueles interesados que non poidan asistir, engadir que aínda existe a posibilidade de seguir o evento a través da Rede, colaborando polas canles IRC do proxecto (#proxectotrasno en freenode). As novas que se vaian producindo iranse subindo aos perfís de Trasno nas redes sociais.
As presentacións empregadas subiranse ao web con posterioridade e os resultados así como os debates e acordos terminolóxicos acadados durante a trasnada.
A sexta edición da Trasnada reunirá en Compostela aos tradutores de software libre ao galego
Compartir Este Artigo
