
O acceso desde un computador precisa dispoñer dun certificado dixital ou do DNI electrónico, que verifique a identidade do usuario, e con esta nova aplicación só é preciso dispor dun teléfono móbil con conexión de datos e descargar a aplicación para poder acceder aos servizos de abalarMóbil. E que se poderá consultar? Pois dende as cualificacións dos seus fillos, ata as faltas de asistencia, as faltas de conduta, os horarios e as materias, así como os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
A introdución de abalarMóbil comeza nunha primeira fase en once centros educativos das catro provincias galegas, o que implica a máis de 4.500 familias. Ampliándose paseniño ao resto dos centros educativos ata beneficiar a preto de 400.000 familias galegas. En concreto, os centros que iniciarán a experiencia son: o CEIP Fogar e IES Alfredo Brañas (Carballo), o CEIP Ana Mª Diéguez e IES Feliz Muriel (Rianxo), o IES Santiago Basanta Silva (Vilalba), o CEP Santa Rita (Viveiro), o IES Río Cabe (Monforte), o CPI Tomás de Lemos (Ribadavia), o IES Blanco Amor (Ourense), o CPI Panxón (Nigrán) e o IES Sánchez Cantón (Pontevedra).
Engadir que a dita aplicación está dispoñible para os sistemas operativos IOS, a través da Apple Store e Android, desde a Play Store. AbalarMóbil é a segunda aplicación que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios no espazo ‘Xunta’, onde se publicarán o resto de aplicacións do sector público galego nos dispositivos móbiles.
As familias galegas poderán seguir de preto a actividade educativa dos seus fillos grazas a abalarMóbil
Compartir Este Artigo
