
Así tamén o rubricou Edisa, que presentou perante os asociados de ACOFARMA a estado de cousas dunha serie de tecnoloxías de gran potencialidade para o sector e preparou o terreo para un interesante debate sobre as oportunidades que ofrecen. Entre os temas tratados salientan os seguintes: xestión por procesos (orientada á automatización de fluxos de traballo), implantación de cadros de mando operativos e do cadro de mando integral, sistemas de xestión documental integrados no sistema de xestión e computación na nube. En relación a este último tema, durante a sesión analizáronse as diferentes posibilidades existentes, coincidindo os participantes en que se trata dunha tecnoloxía (a computación na nube) que xa é unha realidade e que pode supoñer un importante pulo para o sector farmacéutico. Neste senso fíxose fincapé no potencial que esta tecnoloxía ofrece para mellorar a seguridade dos procesos das empresas, “podendo ser unha alternativa moi atractiva para dispor de sistemas redundantes e para a xestión da copia de seguridade, que son factores críticos para este sector”, sinalaron os asistentes.
A galega Edisa deu a coñecer o potencial de diversas tecnoloxías na xuntanza anual de cooperativas farmacéuticas
Compartir Este Artigo
