Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fixo entrega do galardón a Manuel González, presidente da Asociación PuntoGalA Xunta de Galicia entregou esta tarde os Premios da Cultura Galega 2013 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Estes premios, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e outorgados por un xurado conformado por representantes das principais institucións culturais e profesionais independentes do noso país, son un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural, que nesta edición estrean a categoría de Lingua, serviu para destacar o traballo da Asociación PuntoGal. Manuel González atribuíu o logro do dominio .gal a toda a sociedade galegaManuel González, presidente da Asociación PuntoGal, agradeceu o recoñecemento ao traballo desenvolvido pola súa organización nos últimos anos para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galegas, aínda que atribuíu tal mérito a toda a sociedade galega, que foi a que apoiou este proxecto a través das súas empresas, asociacións culturais, universidades… que uniron forzas para que o proceso para que o dominio .gal sexa realidade en 2014. Asegurou que o .gal será un identificador que servirá para asociar a nosa lingua co progreso e a modernidade, que permitirá a participación de Galicia en organismos que regulan o funcionamento da Internet, que confirma a nosa identidade e permítenos avanzar cara ao futuro conservando a nosa lingua e cultura dun xeito vivo. Outras sete categorías conformaron estes premios: O Premio da Cultura Galega das Letras 2013 entregouse á escritora Luz Pozo Garza; o das Artes Plásticas recaeu na Fundación Eugenio Granell e o das Artes Escénicas, na Mostra de Teatro de Ribadavia (Abrente-MIT). Na modalidade de Patrimonio Cultural o galardón foi para o Museo do Castro de Viladonga; o premio de Promoción Exterior, para o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol; o de Musica, para o compositor Juan Durán; e na categoría Audiovisual recibiu o galardón Bambú Producciones.
Momento da entrega do galardón á Asociación PuntoGal emitido pola Televisión de Galicia