César González, de Contact Comunicación, amosou o seu proxecto Felicítame.es en CompostweetsDende Ourense lémbrannos un proxecto dixital que está a sacar adiante un grupo local de emprendedores novos que xa deu conta no mesmo na pasada edición de Compostweets. Trátase de felicitame.es, servizo en liña de envío de postais desenvolvido dende premisas “de colaboración e de innovación” e que, por certo, para a súa presentación en sociedade conta coa contribución da parella de humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereira, máis coñecidos como Nucha e Mucha. Ou sexa, que través desta ferramenta galega de tarxetas na nube, que vén moi a conto para esta campaña de Nadal na que xa estamos mergullados, os usuarios podemos mercar os nosos cartóns de felicitacións, incluíndose no seu deseño un código QR para que, dende o noso smartphone ou tablet, reproduzamos o vídeo que a persoa que enviou a postal subiu. O funcionamento é sinxelo: primeiro temos que elixir o deseño, logo subir o vídeo, a continuación achegar o enderezo de entrega e por último facer a compra en si mesma da postal. As tarxetas de felicitame.es distribúense en diferentes tendas galegas e de España. Na sección Onde as venden? Podemos ver un mapa cos establecementos en cuestión que teñamos máis a man. Por certo que tamén as podemos enviar directamente en formato dixital, dándolle a enviar en liña.