Dende o mes de setembro en Facebook están a potenciar o uso do vídeo en Facebook, conseguindo que as reproducións, gústames, comparticións e comentarios se incrementasen máis dun 10% e agora están a tomar medidas semellantes para probar tal formato de vídeo para anunciantes, o que permitirá mellorar o xeito de amosar publicidade entre as novas que os usuarios ven en Facebook.
Esta semana un pequeno grupo de usuarios comezarán a ver anuncios de vídeo do filme Divergent, que estarán presentes tanto na versión web de Facebook como en dispositivos móbiles. Este novo formato reproducirase de xeito automático (sen son) en canto aparece en pantalla, deténdose en canto desaparece da vista ou o desprazamos o vídeo a un lado, se prememos sobre o vídeo verémolo a pantalla completa (con son), ao rematar a reprodución veremos un carrusel cun par de vídeos máis para facilitar a descuberta de contido do mesmo anunciante e no caso de dispositivos móbiles os vídeos descargaranse só cando detecten conexións Wi-Fi para non prexudicar ao consumo de datos móbiles.

