
Esta política de Femxa semella especialmente salientable se temos en conta que van a contrapelo da tendencia xeral en España, tendencia que se resume en máis paro e máis xente nova que ten que liscar fóra. Cara a dar traballo aos profesionais novos, precisamente, é cara a onde se dirixe esta estratexia, que xorde de colaboracións co Servizo Público de Emprego Estatal e a Xunta de Galicia. De feito, para Femxa é fundamental este traballo conxunto entre empresas e administracións para pór freo á falta de expectativas laborais, que se están a cebar de xeito especial cos menores de trinta anos.
Polo que respecta ao tipo de traballos que se van ofrecer dende Femxa ao longo de 2014, dicir que oitenta e dous dos novos traballadores participarán no desenvolvemento de actividades internas de execución dos proxectos de formación contratados para este ano (que darán cobertura a máis de 25.000 alumnos). O resto, 118, dedicaranse ao desenvolvemento de novos contidos dixitais para reforzar a aposta pola aprendizaxe a distancia de Femxa como ferramenta formativa. “Estamos a realizar un investimento de máis de 2 millóns de euros co obxectivo de situarnos como empresa líder no fornecemento de formación oficial en liña”, engade García. Por certo que este ano a compañía mellorou os seus resultados respecto ao período anterior, “cun volume de negocio xestionado de 28 millóns de euros, participando en proxectos de formación en España e Latinoamérica nos que se implicaron máis de 20.000 alumnos”.
Femxa anuncia que vai contratar 200 persoas ao longo de 2014
Compartir Este Artigo

