O Consumer Electronics Show (CES) botou a andar hoxe e desenvolverase ata o vindeiro venres en Las Vegas, tendo entre os grandes atractivos do seu arrinque unha conferencia de Sony na que a compañía surcoreana amosaba a súa tecnoloxía de televisores de ultra alta definición de ata 105 polgadas e incluso un rechamante televisor de 85 polgadas que podía curvarse con só premer un botón para achegar unha experiencia de visualización máis envolvente, pero estas novidades quedaron ensombrecidas pola aparición no escenario do director de cine Michael Bay, que durante a súa intervención perdeu a súa liña de texto e, en vez de improvisar, optou por fuxir do escenario. O director xa pediu desculpas no seu blog persoal, asegurando que a tecnoloxía que amosou Samsung era incrible, e lembrando que para comprobar a inmersión das pantallas curvas de Samsung tiña preparada unha parta da metraxe da súa vindeira película da franquía Transformers.
Intervención de Michael Bay durante a presentación de Samsung no CES
Michael Bay convértese no máis destacado do CES de Las Vegas ao fuxir do escenario
Compartir Este Artigo

