Josh Miller, un dos co fundadores de Branch (servizo para compartir ligazóns), anunciou que a súa compañía vén de ser absorbida por Facebook (o que pode resultar rechamante se temos en conta que entre os promotores do proxecto está Biz Stone e Ev Williams, co fundadores de Twitter) de xeito que aproveitaría a experiencia do equipo de Branch (que estreou hai poucos meses outra plataforma social, Potluck e continuará a traballar dende New York) para mellorar a conexión entre os usuarios de Facebook e os seus intereses.
A operación de compra tería un valor duns 15 millóns de dólares, e fronte a outras adquisicións anteriores, desta volta dá a impresión de que Facebook non quere facerse cos produtos de Branch, senón co talento do equipo que está detrás do proxecto.
Facebook merca Branch por 15 millóns de dólares
Compartir Este Artigo

