Tras darse por morto a finais do pasado mes de decembro a aplicación WinAmp e os servizos de directorio de SHOUTcast, negocios propiedade de AOL tras a compra de Nullsoft por 80 millóns de dólares en 1999, confírmase que a sorte de WinAmp non é tan mala como se prevía, e finalmente Radionomy adquiriu o reprodutor multimedia e a plataforma de radio en liña por unha cantidade que podería estar entre os 5 e os 10 millóns de dólares, facéndose AOL co 12% das acción de Radionomy no proceso.
Unha evidencia da operación é que o dominio WinAmp.com leva dende finais de decembro apuntando aos servidores de nomes de Radionomy, compañía que coa operación parece buscar un importante crecemento do seu directorio de radios en liña, pois integrando SHOUTcast dispararía o volume do seu catálogo actual. Tamén é de agardar que antes de rematar o ano se estreen novas aplicacións móbiles de WinAmps para iOS e Android.
Confírmase a compra de WinAmp e SHOUTcast por parte de Radionomy
Compartir Este Artigo

