
O programa Banda Ancha da Radio Galega, continuando co seu labor de difusión das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Galicia, contará este sábado de 15:00 a 16:00 horas cun repaso das novas da semana do sector grazas á colaboración de Código Cero e coa presenza do consultor e formador en marketing on/offline Javier Rocamora, quen compartirá coa audiencia a súa experiencia sobre o aproveitamento das TIC por parte de empresas e explicará o que é Bitcoin. Durante a emisión desta semana a reporteira Laura López, do programa da TVG Toc toc, con permiso, comentará a súa relación coa tecnoloxía, detallando dende o que foi o seu primeiro ordenador ata o uso que fai das redes sociais.
O xogo español Unepic chegará a Wii U a semana que vén
Pechará o programa unha breve entrevista a Francisco Téllez de Meneses, desenvolvedor do xogo Unepic que o vindeiro día 23 vai estrear versión descargable para Wii U grazas á colaboración do estudio catalán EnjoyUp. Os que estean interesados en facerse con este xogo para a consola de alta definición de Nintendo poden antes descargar a súa versión para PC, excelentemente dobrado en español, e que pode mercarse de distintos xeitos entre os que non falta o acceso anticipado a través de Steam.

