
Esta iniciativa, cofinanciada con fondos FEDER, diríxese a favorecer a optimización na xestión destas infraestruturas marítimas e facelas máis competitivas, con especial fincapé naquelas situadas en zonas máis remotas. Desta forma, informa Femxa, promóvese o desenvolvemento económico das rexións vinculadas aos portos, mediante a mellora das súas redes loxísticas.
No proxecto toman parte entidades de España, Italia e Grecia, sendo os socios españois a Autoridade Portuaria de Tarragona e a Autoridade Portuaria de Cartaxena. Pola parte italiana, figuran a Autoridade Portuaria de Levante, a Universidade de Nápoles Federico II e a Rete Autoestrade Mediterranee. Representando ao país heleno atópanse a Autoridade Portuaria de Igoumenitsa e a University of the Aegean Business School.
A integración e posta en funcionamento dos PCS, explica o grupo galego, busca habilitar unha rede tecnolóxica de comunicación sustentable e eficiente que se converta nun exemplo para o resto de portos, compañías e operadores loxísticos. Segundo nos conta Patricia García, presidenta de Femxa, a firma galega será a encargada da xestión administrativa e financeira do proxecto, así como de definir a estratexia formativa do mesmo. Neste sentido, os traballadores da Autoridade Portuaria de Tarragona recibirán formación específica sobre a xestión dos PCS, impartida por Femxa na modalidade de e-learning, que incluirá vídeos demostrativos.
Femxa participa nun proxecto para mellorar as comunicacións dos portos do sur de Europa
Compartir Este Artigo
