Samsung Electronics anuncia hoxe que pechou un acordo a longo prazo (10 anos) con Google Inc. para intercambiar patentes, cubrindo un grande abano de tecnoloxías e áreas de negocio, que beneficia a ambas compañías. Dende Google aseguran que “traballando xuntos en acordos como este as empresas poden reducir a posibilidade de litixios e centrarse na innovación”.
O director da división de propiedade intelectual de Samsung, Seungho Ahn asegura que “Samsung e Google están a amosar ao resto da industria que hai máis beneficios da cooperación que do enredo en innecesarias disputas de patentes”.
Samsung e Google compartirán patentes durante os vindeiros 10 anos
Compartir Este Artigo

