
Os autobuses galegos estarán localizados en tempo real
Para esta última novidade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a AMTEGA teñen en marca un Plan de modernización das concesións de transporte público regular de uso xeral no que destaca a posta en funcionamento dun Sistema de Axuda á Explotación no conxunto dos vehículos que permitirá mellorar o control e o seguimento da flota, o que esperan que tamén contribúa a potenciar a demanda do transporte público de viaxeiros grazas á posibilidade de achegar información de calidade aos cidadáns a través de novas ferramentas web.
De xeito, a localización de cada vehículo de transporte público transmitirá a súa posición en tempo real ao Centro Operativo de Mobilidade de Galicia, o que permitirá coñecer a exactitude do cumprimento dos servizos de transporte público e facilitarán que os usuarios poidan saber de calquera incidencia do servizo.
A dotación tecnolóxica de cada autobús (estimada nun custo de 715 euros/ano) correrá a cargo das empresas de transporte, mentres que a AMTEGA contratará o equipamento preciso para dotar ao Centro Operativo de Mobilidade de Galicia, o que, xunto cos recursos necesarios para o seu funcionamento, precisará dun investimento de 1,8 millóns de euros.
Proxecto de Lei de arquivos e documentación de Galicia

Para facilitar unha xestión documental eficiente crearase o Consello de Avaliación Documental de Galicia, que será “o órgano encargado de establecer os criterios sobre os documentos que se deban conservar polo seu valor histórico ou informativo”, segundo indicou hoxe o presidente da Xunta, quen engadiu que co texto que remiten ao Parlamento buscan “desenvolver un verdadeiro sistema de arquivos de Galicia, organizado de forma transversal, e cun centro de coordinación deses arquivos que sinalará directrices, que é o Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura”.

