A Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo) anunciou esta semana importantes accións formativas a celebrar para persoas en risco de exclusión dixital e, polo tanto, social. Falamos dunha serie de cursos sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) a persoas con diversidade cognitiva desenvolvidos a través da iniciativa Abrimos unha xanela ao mundo para TI (C). Este programa conta con financiamento da Fundación La Caixa e será desenvolvido por voluntarios previamente seleccionados no campus lugués.
As distintas actividades programadas ao abeiro desta iniciativa comezarán a desenvolverse este mércores 5, a partir das 19.20 horas, nunha das aulas de informática da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. O proxecto é un nova actuación promovida pola Aula TIC-PEME da USC no eido da responsabilidade social, “un eido no que xa ten desenvolvido outras accións, tamén dirixidas a colectivos en risco de exclusión”, informa o departamento da Universidade de Santiago. Ao fío disto, cómpre lembrar quen en 2011 a Aula chegou ser finalista (categoría Mellor Proxecto de Entidade Pública ou Privada) na sexta edición dos Premios Fundetec, dirixidos a recoñecer o labor de entidades sen arela de lucro, públicas e privadas, que traballen a prol do afianzamento dos recursos e servizos tecnolóxico-dixitais entre a poboación e a contorna na que se insiren.
A Aula TIC-PEME forma en tecnoloxías a persoas con diversidade cognitiva
Compartir Este Artigo
