Esta mañá a concelleira responsable de Desenvolvemento Urbano e Sostible do Concello de Santiago de Compostela, María Pardo, presentou a nova páxina web da súa área, que recolle toda a información relativa aos diferentes departamentos que aglutina “cunha vocación de transparencia, servizo, eficacia e achegamento ao cidadán”.
Este novo espazo web pretende ser unha ferramenta de información, difusión e participación cos cidadáns e outras entidades, agrupando nun único sitio os instrumentos, novas, tramitacións e informacións específicas da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible (Parques e Xardíns; Medio Ambiente e Sanidade; Medio Rural; Obras e Infraestruturas; Licenzas e Disciplina; Planeamento e Xestión; Cidade Histórica, Espazos Urbanos e Rehabilitación; e Cemiterios e Outros Servizos) aos que pode accederse dun xeito sinxelo, especialmente dende dispositivos móbiles.

Compostela estrea páxina web sobre desenvolvemento urbano e sustentable
Compartir Este Artigo
