
Lembrar que Chelsea Elizabeth Manning (nada como Bradley Edward Manning o 17 de decembro de 1987) é un soldado do exército dos Estados Unidos que foi sentenciada en 2013 a 35 anos en prisión militar por ceder centos de miles de documentos á páxina web Wikileaks, dedicada á filtración de información clasificada. “Os documentos filtrados apuntan a unha longa historia de corrupción, graves crimes de guerra e falta de respecto cara á soberanía doutras nacións democráticas por parte do goberno dos Estados Unidos en relacións internacionais”, informan os piratas europeos.
Pola súa parte, Edward Joseph Snowden (nado o 21 de xuño de 1983) é un especialista informático norteamericano que traballou na Axencia Central de Intelixencia (CIA) así como para a Axencia Nacional de Seguridade (NSA), e que revelou documentos de alto segredo da NSA a distintos medios de comunicación iniciando o que se coñece como NSA Leaks. “Os documentos”, explican os piratas, “revelan detalles operativos dun aparello global de vixilancia e espionaxe dirixida pola NSA e outros membros da alianza dos Five Eyes coa colaboración de moitos socios corporativos e colaboradores internacionais”. Coa revelación de documentos sobre as actividades de axencias clandestinas, explícase, “Snowden non só amosou o alcance mundial da vixilancia masiva que pon en perigo os fundamentos das principais liberdades civís, senón que deu á xente deste planeta as ferramentas necesarias para contrarrestar o invasivo ritmo cara á vixilancia de masas”. Engaden a maiores que esta violación dos dereitos humanos “foi institucionalizada polas axencias gobernamentais de EE.UU., atentando contra a privacidade defendida por todas as principais cartas e declaracións de dereitos humanos internacionais”.
Os piratas europeos propoñen a Chelsea Manning e Edward Snowden para o Nobel da Paz
Compartir Este Artigo
