
Máis polo miúdo, estamos ante un servizo que permite aprender idiomas a través do móbil, a tablet ou o computador. Abrangue unha ducia de idiomas, aínda que inglés, castelán, alemán, ruso, brasileiro e polaco son os máis demandados. A iniciativa dá acubillo a 40 millóns de estudantes e 40 traballadores na sede central da firma. O proxecto tivo o seu xermolo en Madrid, en decembro de 2011, e daquela daba traballo a 10 persoas. O obxectivo é que antes do remate de 2014 a equipa de Busuu.com estea formada por medio cento de empregados, aos que cómpre engadir un bo número de traballadores por conta propia que achegan os seus importantes servizos lingüísticos e docentes á plataforma.
No iPhone xa foi alén dos 23 millóns de descargas. Porén, onde máis medra e á beira de Android. Busuu, cóntase, crece máis nos países emerxentes. Segundo explica o seu creador en Elpais.es, “Busuu é por unha banda un sistema perfecto para unha lección de 15 minutos, mentres agardamos polo autobús, facemos unha unidade didáctica ou completamos un exercicio; por outra banda é a porta natural de acceso a Internet”. Esta mesma é a razón de que Brasil, con seis millóns de usuarios, sexa o país onde Busuu bate máis forte, con catro milleiros de rexistros cada 24 horas. A razón da devandita suba hai que rastrexala no Mundial e nos Xogos Olímpicos, cousa que tamén explica o importante medre de usuarios en Rusia, con cinco millóns de persoas que lle tiran partido, pais que arestora está a celebrar os Xogos Olímpicos de Inverno.
O servizo Busuu.com para aprender idiomas xa dá acubillo a 40 millóns de persoas
Compartir Este Artigo
