Hunteet, a plataforma social que vén de impoñerse na última edición do certame Brains Laboratory de Nokia, un concurso dirixido a facilitar o acceso ao mercado de novos desenvolvedores, xa deixou atrás o chanzo dos proxectos con potencial latente de desenvolvemento para erguerse ao chanzo das realidades. De feito, segundo informan os seus responsables (os catro estudantes Saray Alcón, Alberto Oliván, Juan J. Turmo e Jairo Abella), a comunidade xa conta con máis de 2.000 usuarios. Ademais, xa conseguiu a colaboración “de diferentes empresas que patrocinan os seus retos, converténdose en patrocinadores”. A rede social en cuestión consiste en dar acubillo a internautas inquietos aos que lle guste superar desafíos. De facelo, terán diversos premios ao alcance da man.
Os usuarios da rede social coñécense (usuarios á par que concursantes) coñécense como hunteers, e para selo, sinalan os responsables da iniciativa, “só temos que descargar a aplicación no móbil ou entrar en hunteet.com e rexistarnos”. O miolo de Hunteet, como dixemos, consiste na realización de diferentes retos e acadar unha puntuación para ascender na clasificación xeral e obter os premios ofrecidos polas compañías patrocinadoras. Os retos propostos son actividades de promoción que se lanzan ·co fin de que o usuario participe nelas de forma directa, realizando a acción requirida, inmortalizándoa cunha foto e compartíndoa ao momento na plataforma de Hunteet”, explican.
Sinalar tamén que estamos perante unha plataforma de publicidade activa que foi posta en marcha para “permitir unha relación máis directa entre as empresas e os usuarios, facéndolles partícipes dos valores da marca mediante os seus retos e recompensas”. Arestora a comunidade conta con máis de 2.000 usuarios rexistrados que realizan “aloucados e divertidos retos para conseguir fantásticos premios”.
Máis de 2.000 de usuarios xa participan nos retos de Hunteet, a plataforma gañadora do Brains de Nokia
Compartir Este Artigo
