Durante os vindeiros seis meses cinco empresas poderán beneficiarse do programa de alto rendemento do BStartup 10, iniciativa a través da que o Banco Sabadell investirá en cada compañía 100.000 euros distribuídos entre investimento directo e un programa de crecemento coordinado polo recoñecido emprendedor tecnolóxico Didac Lee, figurando entre as compañías beneficiarias a compostelá SetPay, que facilita a aceptación de pagamentos con tarxeta bancaria en mobilidade grazas a un TPV que funciona en combinación con dispositivos con iOS ou Android.
A directora do BStartup, Yolanda Pérez, recoñeceu “ a dificultade para seleccionar a estas cinco empresas” polo elevando número de proxectos presentados (414) como pola súa grande calidade. Entre os 10 finalistas non seleccionados deste programa tamén figura un proxecto do que vimos de dar conta, Let’s Decco.
Pero o acordo de colaboración entre SetPay e o Banco Sabadell non é a única boa nova para a startup galega, sen´no que hai pouco tamén contou con entrada de 101Startups, incorporacións que facilitarán o crecemento desta compañía, para espallarse comercialmente (posiblemente fóra de España) e, por exemplo, poder ofrecer un servizo telefónico de soporte ao cliente.
O Banco Sabadell inviste 100.000 euros na startup galega SetPay
Compartir Este Artigo
