
O CPEIG comenta que a orixe deste malestar dos seus profesionais está na aparición nos medios dunha información na que se lle atribúe a irregularidade das subas das bases de cotización a centos de gandeiros e agricultores, competencia da dita Tesourería, a un presunto “erro informático”. Segundo se desprende das informacións, as declaracións foron achegadas pola propia Ortiz. Lembrar que non é a primeira vez que os membros do CPEIG teñen que loitar pola aclaración deste tipo de expresións, moi comúns tanto en empresas como en institucións públicas, en tódolos casos unha estratexia para cubrir as verdadeiras responsabilidades sobre un incidente. Incidentes que, sosteñen os colexiados, non se deben á informática en si mesma nin aos seus profesionais. Segundo nos lembra o colexio, “non é posible ficar impasibles diante das declaracións de xestores públicos, organismos ou institucións que botan man da expresión erro informático para encubrir fallos que teñen cariz humano e que, en tantas ocasións, significan a incapacidade das institucións e organismos para manter os datos dos cidadáns seguros, exactos e actualizados”.
O CPEIG denuncia un novo caso de emprego inapropiado dos termos “erro informático”
Compartir Este Artigo
