
Esta iniciativa, engade a Tecnópole, é un proxecto financiado pola Unión Europea para tender pontes entre a arte, a ciencia e a tecnoloxía e está liderado pola Rede Europea de Centros e Museos Científicos (ECSITE). Entre as súas iniciativas para fomentar a cultura da innovación figura un premio xuvenil no que se selecciona a mellor idea innovadora entre as preseleccionadas procedentes de todos os países da UE. O equipo gañador terá a oportunidade de visitar unha empresa creativa europea e traballar conxuntamente con ela.
Nesta categoría de proxectos preseleccionados atópanse os 18 proxectos das Aulas Tecnópole, que representan a totalidade dos presentados inicialmente ao certame. “O elevado nivel científico e o potencial innovador das ideas propostas polos estudantes de Secundaria que se reúnen para desenvolver os seus proxectos de investigación na Tecnópole”, informan fontes do complexo empresarial galgo, “foron os motivos polos que a organización decidiu aceptalas todas”.
As ideas que competirán no certame desde as Aulas Tecnópole cobren “un variado espectro de solucións innovadoras”. Entre elas figura o respaldo intelixente para cadeira que é quen de detectar malas posturas (e que levou un dos premios na Galiciencia 2013), así como unha mochila con sistema de seguridade para alertar de intromisións mediante radiofrecuencia. Tamén se presentan, entre outros, un aeroxerador de hidróxeno para coches, un kit de baixo custo para realizar análises de ADN e un sistema caseiro de diagnóstico precoz de enfermidades mediante pH en inodoros e cueiros. A cerimonia de entrega de premios desenvolverase en setembro de 2014 durante o PICNIC (Festival de Amsterdam), un evento que reúne a máis de 5.000 persoas (estudantes, emprendedores, deseñadores, etc.) interesadas en compartir coñecemento e novas solucións innovadoras.
A mocidade galega reunida nas Aulas Tecnópole achega 18 proxectos ao certame europeo KiiCS
Compartir Este Artigo
