
Os candidatos, informa a Confederación Pirata, elixíronse usando o sistema de votación Agora Voting, polo mecanismo de voto único transferible. Este foi secreto, cifrado, publicamente auditable e verificable. O segredo de voto foi asegurado mesmo para os administradores dos sistemas informáticos, cun sistema cifrado baseado no censo compartido por varios partidos que forman a Confederación, que foron á súa vez os encargados do reconto. “O reconto foi exhaustivo”, engade a plataforma política, “tanto manual como automático, verificando a integridade de cada unha das achegas”. Por certo que os vindeiros días abrirase a segunda fase de votación, onde sairán elixidos os restantes voceiros da candidatura da Confederación Pirata. Para este proceso, convócase de novo aos cidadáns en xeral, aínda que non estean afiliados aos partidos piratas.
Confirmada a representación galega entre os primeiros candidatos da Confederación Pirata
Compartir Este Artigo
